Tentar
mirar cara atrás apoiándome nos recordos, é “Fuxir” da realidade, para deixarme
arrastrar, por esa sedutora fervenza de interminables imaxes, que me falan
dunha época marabillosa da miña vida. Difícil resulta quedarme contemplando
tantos belos momentos vividos, sen caer na tentadora curiosidade, de volver
revivilos. É como esquecerme do mundo que me rodea, aínda que só sexa por un
instante, para compracer os desexos do neno que vive en min.
Ás
veces, despois de revivir algúns daquelas pasaxes, nos que perdido entre cada
un deles e empuxado polo entusiasmo de sentirme neno; volvo á realidade?
percibo os inconfundibles ecos que me falan daquela marabillosa época, e
confundido pola maxia dos recordos, Declino ante o borrado dos mesmos, polos da
realidade do presente.
Despois
dos anos transcorridos sen poder visitarche… que menos que dedicar un momento
da miña vida, para deixar constancia de que che sigo querendo e contemplando, a
pesar da distancia, e coa mesma paixón deste corazón que latexa lembrándoche, e
marabillándome, aínda que só sexa a través das imaxes que comparten nas redes,
aqueles que che visitan con máis frecuencia, ou que gozan da sorte de vivir en
ti.
Non
me cansarei de manterche vivo na miña mente, de recrearme naquel Cariño do que
saín, co mesmo sentimento que lembro aos que xa non están fisicamente entre
nós, pero que continúan vivos no meu recordo.
Se
aquel 2 de setembro de 1965, lémbroo como un día triste; o 16 de xullo de 2009,
foi para min, un balón de osixeno cargado dunha inmensa emoción, que me
conduciu pola senda dos recordos, ao contemplar todos e cada un dos momentos
vividos, nese marabilloso Día do Carmen.
Ha
día de hoxe, aínda conservo a esperanza de volver pasear polas túas rúas e
gozar dalgún dos teus amenceres asollados, ou non; pois non necesito de sol,
simplemente necesito de vivirche, de contemplarche. Creo que non existen
riquezas e moito menos materiais, que me poidan facer cambiar os meus
sentimentos cara a ti, cara á terra dos meus antepasados, a dos meus avós, a
terra dos meus país… a daqueles amigos cos que compartín días de escola, de
xogos e anécdotas; que foron por así dicilo, as inconfundibles pegadas e
rubrica da terra que me viu nacer.
Andrés Rubido García

No hay comentarios:
Publicar un comentario